BENVIDA DO PRESIDENTE   HISTORIA DO CLUB   RÁNKINGS   FOTOS   TORNEOS   ESCOLA DE TENIS   CLUB TENIS RIVEIRA   CLUB TENIS BOIRO   LOUSAME-NOIA

NOVAS

RÁNKING GALEGO DECEMBRO:
PABLO LIJÓ CONSERVA O 7º POSTO DE GALICIA
JAVI CASTILLO BAIXA Ó 9º

xaneiro 2008   xaneiro 2008

Pablo Lijó conserva o 7º posto do ránking galego, o que significa ser o 153 nacional e 2ª-B nacional e a 3 postos de meterse en 2ª-A. Tamén no alto do ránking, todavía aguanta Javi Castillo, pese a baixar do 7º ó 9º. Nas baixadas destaca Juan Maneiro ata o 28º aínda que esperamos que recupere algún posto co subcampionato provincial deste nadal. Pese a todo, o resultado xeral non é malo, pois o club conserva 2 xogadores Top Ten e 7 entre os 50 primeiros de Galicia.  
Ránking Galego Masculino decembro 07    
Ránking Galego Feminino decembro 07


MÁSTER GALEGO E MÁSTER PROVINCIAL

decembro 2007   xaneiro 2008

No Galego o coruñés Jorge Vázquez Catoira veuse beneficiado da ausencia do favorito e vencedor das últimas edicións, o vigués Miguel Casal, aqueixado dunha forte gripe, e así, logrou por primeira vez este título ó derrotar na final ó tamén coruñés Rodrigo Figueroa por 6-1 e 6-4, este último viña de deixar fóra nas semifinais disputadas na mesma mañá, ó santiagués Pablo Illodo por 7-5 e 6-4, mentres que Jorge Vázquez facía o propio co vigués Víctor Sáez por un tanteo de 6-3 e 6-4. En canto á representación local destacar Alberto García, que tras entrar sustituíndo a Miguel Casal, apunto estivo de colarse nas semifinais, ó caer derrotado por víctor Sáez por un apretado 7-6 e 6-2, tras ter 5-2 e saque no primeiro set. Os cabezas de serie Javier Castillo e Pablo Lijó caeron ambos derrotados en cuartos, cerrando a numerosa participación de xogores do Club. Juan Maneiro e Pepe Ageitos perderon ás primeiras de cambio nos octavos de final. Nas feminas, onde participaron as oito primeiras do ránking e no que a vencedora foi a viguesa Patricia Vilas, que na final non tivo problemas para derrotar á súa paisana Noemí Novo por un claro 6-4 e 6-1. No provincial celebrado en Boiro, as cousas non foron mal para os nosos: Juan Maneiro perdeu na final ante Rodrigo Figueroa, que eliminou nas semis a Pablo Lijó e en cuartos a Alberto.   Cadro do Máster Galego...
Cadro do Máster Provincial...


Pista central

NUTRIDA REPRESENTACIÓN DO PUNTA
SALERA NO MASTER DE MADRID

outubro 2007

Dende a celebración do primeiro Máster Series de Madrid, nunca faltou unha representación do noso club en Madrid, pero este ano foi a máis numerosa de todas con 10 persoas dende luns a xoves, outro máis dende o mércores e 4 máis chegados de xoves a domingo. Esto dá idea da afeción que existe no Barbanza polo tenis. Con todo, non so foi unha visita de pracer para disfrutar do mellor tenis do mundo en directo. Ver a Federer, Nalbandian, Nadal, Djokovic, Berdych, Gasquet, Blake, os Brian...en directo e de cerca, non sucede tódolos días. Quitar unhas fotos con eles tampouco. Neste enlace podedes ver as fotos realizadas por Víctor, Chema, Sara e Jopi. A calidade artística non é a mellor pero son bos recordos.   Fotos do Máster...


MÁSTER DOS CIRCUÍTOS OPEN, BARBANZA, FEMININO, XÚNIOR E INFANTIL

outubro 2007

Non hai un Máster igual ó outro, e este ano non vai repetir ningún dos Campións do ano pasado. Na categoría dos Open disputaron a final Pablo Lijó e Juan Maneiro, con victoria para Pablo por 5-7/6-3/6-4. No Máster do Circuíto do Barbanza, a final foi inédita: Juan Freitas de Vigo contra Jaime Fernández, con victoria para este último. Nos xúniors José Caneda de Riveira impoñíase a Manuel López da Pobra. Nos Infantiles foi Miguel Silva quen superaba na final a Lois Barral. Na categor�a feminina Diana Martínez impúxose a Angela Fernández. Felicidades a todos.


5ª PROBA DO BARBANZA 2007

setembro 2007

No circuíto de Opens o vencedor foi Pablo Mosquera que se impuxo a Juan Barciela. Na proba do Barbanza era Pepe Ageitos quen se impo�ía a Pablo Acción. Nos Xúniors era Cristián Carbajales da Estrada que derrotaba a Enrique Sobrino de Catoira. No apartado feminino foi Susi Redondo a vencedora. Mosquera e Barciela con Blas


TORNEO ALFA3 POBRA 2007

setembro 2007

Coma sempre coincidindo co Nazareno, disputouse o Open Alfa3 que vi�a coincidindo coa 6ª proba do circuí,to do Barbanza. Resultou vencedor Hugo Suárez fronte a Carlos Suárez. Na proba do Barbanza David Martínez impú,xose sobre Yago González de Vigo. O Xúnior foi para Eloy Rodrí,guez sobre Alvaro Fernández e no feminino foi Susi Redondo a vencedora sobre Ana Suárez.


RÁNKING GALEGO SETEMBRO:
PABLO LIJÓ ALCANZA O 7º POSTO DE GALICIA
JAVI CASTILLO BAIXA Ó 6º

setembro 2007

Pablo Lijó logo de facer unha moi boa tempada acada o 7º posto do ránking galego. Recordade que este mesmo ano proclamouse subcampión galego tanto na categoría xúnior coma na cadete e proclamouse campión galego na categoría dobres cadete. Este ránking reflexa tamén os bos resultados acadados noutros torneos. Agora que está entrenando no centro de tecnificación de Pontevedra esperamos que mellore aínda máis os resultados na próxima tempada e o vexamos máis arriba no ránking. Tamén no alto do ránking, todavía aguanta Javi Castillo, pese a non xogar ningún torneo dende Agosto pola súa lesión. Baixar do 2º ó 6º posto no ránking foi menos do esperado polos puntos que tiña que defender con respecto ó ano pasado. Esperamos que se recupere o antes posible. Con respecto ós ascensos máis destacados está o de David Martínez que ascende ata o 34º, Pepe Ageitos ascende ata o 38º, Pablo Vidal que acada o 104º ou Jorge Viña 252º no primeiro ránking que ten. Nas baixadas destaca Juan Maneiro que xogou pouco ou Carlos Andrés que apenas viaxou en todo o ano presente. Pese a todo, o resultado xeral non é malo, pois o club ten 2 xogadores Top Ten e 7 entre os 50 primeiros de Galicia.   Ránking Galego Masculino Set07   Ránking Galego Feminino Set07


CAMPIONATO GALEGO INTERCLUBES 2007
CAMPIONS DA TERCEIRA DIVISION
ASCENDEMOS A SEGUNDA B

xuño 2007

O equipo A do Xantares e Merendas que compite na segunda A, e xogaba a promoción de ascenso, non puido cos santiagueses do Aeroclub e caeron na ida por 5-2 e á volta, xa sin opcións, por igual resultado, co cal non acadan o ascenso á primeira división Galega. En cambio, o equipo B, Xantares e Merendas, logo de perder 6-1 no campo do Canabal, remontou cun contundente 7-0 na Pobra. Na seguinte eliminatoria, esperáballes o Vilalvés, que fixo gala de pouca deportividade xogando coma visitantes e menos coma local. Aínda así caeron a mans do noso club. A última eliminatoria que daba o ascenso cruzou ó noso equipo co Fluvial de Lugo. O ascenso fraguouse á ida vencendo no Castelo por 5 a 2. A volta en Lugo foi un trámite no que con dous puntos xa nos chegaron para conquerir o ascenso. Este ascenso vai posibilitar que o noso club teña un novo equipo na terceira o próximo ano. Equipo B na Coruña

Calendario de cruces

JAVIER CASTILLO ALCANZA O 2º POSTO DO RANKING GALEGO E 89º NACIONAL

xuño 2007

Ánimo  Javi. Xusto cando acada o seu mellor ránking de tódolos anos da súa carreira, vese obrigado a parar para tentar recuperarse da súa lesión de hombreiro. Esperamos que se recupere o antes posible e felicidades por un traballo ben feito. E a por Miguel Casal. Javier Castillo impoñíase na Pobra no 06


PABLO LIJÓ CAMPIÓN GALEGO CADETE 2007

xuño 2007

Felicidades a Pablo Lijó que se convirte en campión galego na categoría de dobres xunto con Pablo Mosquera. O título acadouno nas instalacións do Mercantil de Vigo, impoñéndose a Adrián García e J.M.Fantova. Felicidades Pablo. Non hai que esquecer tamén o subcampionato na categoría xúnior. Todos estes bos resultados animaron a Pablo a entrar na escola de alto rendemento de Pontevedra, onde espearmos que teña moitos éxitos.
O último éxito de Pablo é o Máster dos Open do Barbanza onde se impuxo a Juan Maneiro por un axustado 5-7/ 6-3/ 6-4.

pablo fronte a Carlos Rivas

TORNEO OPEN CONCELLO DE BOIRO-ARQO 2007

maio 2007

O Open Concello de Boiro-Arqo rematou xa en toda-las categorías. Na categoría masculina a victoria final foi para Pablo Illodo que se impoñía a Javier Castillo da Pobra. Na categoría feminina saltou a sorpresa ó impoñerse Diana Martínez que é a novena do ranking galego fronte a María Varela que é a número catro do ranking. Na proba do Barbanza, impúxose Blas Sobrido sobre Oscar Vázquez da Estrada.


LIGA DO BARBANZA

maio 2007

  • Finalizada a liga regular,o equipo do Tricoco de Riveira acadou o título nesta Primeira división por primeira vez nas 5 edicións disputadas con este formato. O equipo boirense do Obreiro recén ascendido, facía unha moi boa tempada acadando a segunda praza. O Punta Salera rematou na terceira praza facendo que o equipo das Miñoteiras, anteriores campi�ns, teñan que enfrontarse á promoción para non descender contra o primeiro da segunda.
  • Na segunda división, o recén chegado equipo de Catoira e Valga, contou todos os seus enfrontamentos coma victorias e presentan unha firme candidatura para subir a primeira logo de pasar pola promoción. Tan só o equipo composto por xogadores da Escola Municipal de Lousame e o Club de Tenis Fieiro-Noia achegaronse un pouco con tres victorias.O equipo de Portosín rematou con dúas victorias, que logrou sobre a Escola Municipal de Rianxo que ocupa a plaza de pecha cancelas, que lle otorga o dudoso pracer de promocionar.
  • Na terceira división, o equipo do Tricoco B con seis victorias adxudícase a primeira praza, séguenos na táboa os pobrenses con catro e os boirenses do equipo B con dúas victorias. Catoira-Valga B rematou na última praza.
  • Promocións de ascenso/descenso .O equipo do Miñoteiras cun 5-2 derrotaba a Catoira-Valga que gañara na segunda división. O Tricoco B non puido co equipo da Escola Municipal de Rianxo, e queda na terceira outro ano.