SABIAS QUE...


Marcos vence o troneo, gaña algún punto?

OS PUNTOS CADUCAN, ONDE PODO MIRAR?

Imos abrir un novo espacio de información ós tenista, no iremos dando a coñecer aspectos interesantes tanto da competición como outros temas de interese, e imos comezar co tema das fichas de resultados que a RFET envía ó que a solicite tras a publicación do ranking nacional, que actualmente, se publica trimestralmente cos resultados a 31 de marzo, 30 de xuño, 30 de setembro e 31 de decembro.
Xeralmente, tanto o ranking como estas fichas, editanse na 1ª quincenado mes seguinte ó remate de admisión de resultados pero depende da RFET. Nestas fichas o xogador pode ver os puntos que obtivo en cada torneo, tanto por ronda, como por xogador, así mesmo, saber si tivo alguna sanción de puntos por w.o. e facer una previsión de como sairá no seguinte ranking, veremos un caso práctico con Marcos García, xogador de moda.

Marcos García ten actualmente 438 puntos, e no próximo ranking caducaranlle os 85 puntos conseguidos no periodo comprendido entre o 1 de setembro e o 31 de decembro de 2009 que serán sustituidos polos conseguidos nese periódo, que a día de hoxe son 234 puntos, polo tanto se todo quedara así aparecería con 587 puntos que virían de restarlle 85 (caducados) a 438 e sumarlle os 234 deste/s torneo/os. Se os demais xogadores no seguinte ranquing non se moveran, con eses puntos, Marcos escalaría dende o posto 73 actual, ó 50, cousa que non se pode saber sin seguir detalladamente a todos os que ten diante e detrás. Este é un caso sencillo, na próxima entrega explicaremos máis pormenorizado o funcionamento do ranking.
Podes ver aquí o exemplo de Marcos García