Visita o noso grupo no Facebook Escola de Tenis Pulsa para ver a galeria de fotos Pista central
NOVAS DO GRAN SLAM

NOVAS DA ATP

CADROS ATP EN XOGO

AXUDÁMOSTE A COIDARTE

Estiramentos en detalle


ULTIMAS NOVAS

Proba do Barbanza. Categoría Feminina Alevín-Infantil

Fotos da entrega

maio 2012


LIGA ZONAL 2012
Primeira División   Segunda División   Terceira División

abril 2012


Ranquin Federado Marzo 2012 (CTPS, BOIRO E PORTOSIN)

abril 2012



ABERTO DE MELIDE

Os días 5 e 6 de abril disputouse en Melide unha nova edición deste Torneo na categoría masculina e feminina. Este ano as estrelas foron Pablo Illodo e Arkaitz Manzarbeitia que conta cun impresionante currículum e actual número 1 do País Vasco. Foron os dous finalistas do torneo e brindáronnos un bo espectáculo que rematou coa victoria de Arkaitz por 62/76. Noraboa ós dous. Hai que dar as gracias a todos os que colaboráchedes cos vosos madrugóns e esforzo a pé de pista para que todo saíra ben. A Proba do Barbanza foi para Oscar Vázquez que se impuxo a Tomás Troitiño por 62/75. Bo papel de Oscar, pero tamén de Pablo García, Hugo, Roberto, Alberto ou Jorge que caiu en semifinais. Pronto colgaremos os cadros dos torneos.

abril 2012


Campionato Galego Cadete. Ureca 2012

Vinte voltas para Pablo Chouza polo seu papel no Campionato Galego Cadete.

abril 2012


Campionato Galego Interclubes 2012. Resultados actualizados

marzo 2012


LIGA DE RIANXO 2012
Clasificación na 11ª xornada

marzo 2012


LIGA DE BOIRO E VALGA. RESULTADOS 7ª XORNADA

Están sen sumar as victorias, co cal a clasificación non é definitiva. Grazas pola vosa paciencia.

febreiro 2012


O CTPS estrena feisbuq. Só para nós

marzo 2012



FOTOS HISTORICAS _vídeo histórico_

marzo 2012


Novo ranquing nacional feminino    Novo ranquing nacional masculino

xaneiro 2012


Pablo Choza confésase

xaneiro 2012


Roberto Alcalde dá a campanada en Rianxo

xaneiro 2012


Máster Galego Riveira 2011

MASTER GALEGO 2011 (RIBEIRA 6-8 xaneiro 2012)
O pasado domingo 8 de xaneiro rematou unha nova edición do Máster Galego de Tenis, que estivo organizado polo Club de Tenis Punta Salera, en colaboración co departamento de deportes, o Concello de Riveira e a Federación Galega de Tenis, e patrocinado por Punto de Partido e Eroski. A competición celebrouse nas categorías absoluta femenina, cunha nutrida participación da zona, e en categoría absoluta masculina, onde o cabeza de serie nº1, o defensor do título, o actual Campeón galego, o vigués Miguel Casal, rivalidou o título, o rival na final foi o 2º favorito, o mexicano, afincado en Vigo, Roberto Rodríguez, repetindo así, a final do ano pasado, o resultado foi de 4-0 e abandono por lesión (nos abdominais). Dado o numeroso público asistente ( máis de 160 persoas) tivemos que improvisar unha final, saltando á pista, Javier Castillo Tato, xogador do Club Tenis Punta Salera, que está entrenando, pero que se tivo que retirar das competicións por unha lesión no hombro sendo nº2 do ranking galego. En categoría femenina, a final disputouse antes da masculina, ou sexa ás 17 horas, tamén no pabillón da Fieiteira. A vencedora foi a viguesa Marta González Niño, derrotando á ourensana Valeria López por 64 e 64, nunha final entretida. As semifinais xogaronse o mesmo domingo a partires das 9:30 da mañá, nas femeninas, a vencedora do torneo, derrotou á xogadora do C.T.Boiro, Sabela Rivas por un contundente 62/60. Nas masculinas, Miguel Casal venceu ó coruñés Rodrigo Figueroa, nº3 de Galicia e 62 de España, por 62 e 60, a continuación, na máis disputada, Roberto Rodríguez derrotou ó coruñés Jorge Vazquez por 63 e 61. Nas finais dos Torneo de Reis, nas diferentes categorías, cerebradas o mesmo día, noutros pavillóns, os vencedores foron, María Silva de Boiro en feminina (vencendo 7-3 a Aroa Otero de Rois) e Adrián Cespón, de Boiro en xúnior (vencendo a Marcos González de Lousame), no Máster do Barbanza o vencedor foi Oscar Vázquez, da Estrada, que venceu por 76 e 64 ó flamante vencedor do Máster Provincial cadete, o riveirense Pablo Chouza. Nas finais dos torneos celebradas o sábado, en absoluto masculino, Jorge Oujo venceu a Miguel Ruíz e na competición estilo Copa Davis, a parella Uxío Fernández-Jorge Oujo impuxéronse a Caneda e Caneda xúnior, todos de Riveira. Outros premiados foron Pablo Guerrica (benxamíns), Javi Buceta e Iván González (alevíns) A entrega de premios foi presidida por Juan L. Martínez, concelleiro de Deportes do Concello e Tomás Dieste, presidente do Club Punta Salera.

FOTOS DA ENTREGA    Cadro masculino   Cadro feminino   Noticia na web da FGT

6-7-8 xaneiro 2012



Máster Provincial en Boiro (Cartel)

RESULTADOS DO MASTER PROVINCIAL DE A CORUÑA 2011 (BOIRO)
O pasado sábado 31 finalizou a oitava edición do Máster Provincial de Tenis, que estivo organizado polo Club de Tenis de Boiro, en colaboración co departamento de deportes, e está patrocinado por Jealsa, Eroski e Punto de Partido. As finais celebraronse todas o sábado 31: a primeira foi a máis esperada, a Absoluta masculina, ás 10:15 da mañá no Pavillón de Barrañana, na que o santiagués Cristian González derrotou ó seu paisano, Pedro Ecenarro por 64 e 63. A acontinuación, ás 11:30, na categoría cadete, o riveirense Pablo Chouza, levouse esta primeira edición nesta categoría, frente ó santiagués Jorge Ariz, ó vencer cómodamente por 62 e 61. Na categoría absoluta femenina, a final foi ás 11:30 en Praia Xardín, onde a padronense Sabela Rivas derrotou a Tania Del Río (Rois) por 62 e 64, e por último no torneo de Nadal de Boiro en categoría absoluta masculina, que xogouse á mesma hora pero en Valiño, Carlos Violeta (Noia) derrotou ó local Manolo Vazquez, mentres que as categorías inferiores xogaronse no pabillón de Lampón, deixando a Carlota Ozores como vencedora frente a María Silva. A entrega de premios, que reuníu a máis de 70 persoas, correu a cargo de Manuel Romero (Nolo), concelleiro de deportes, Jose Antonio , concelleiro de playas, servicios e medio ambiente , Juan José Dieste, alcalde e Chicho García o presidente do club. O remate da mesma celebrouse o sorteo de varios regalos e lotes navideños, así como o reparto de camisetas para todo o público asistente.

Noticia de Voz de Galicia    
FOTOS DA ENTREGA    Lista de Admitidos    Bases do Máster
Máster Absoluto    Máster Femininno    Máster Cadete   

26-31 decembro 2011


TORNEO DE NADAL

Cadro do Torneo de Nadal 2011

decembro 2011


P A T R O C I N A D O R E S

ZAPATERIA KEyOS

C/ Rosalía de Castro 41
Riveira-981 870900

Esta páxina contou cunha subvención
da Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia
Secretaría de Comunicación
Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual
XUNTA DE GALICIA

Xogadora do mes:
Ana Fernández
Porque si
Contáctanos en: clubtenispuntasalera@yahoo.es
ou nos Tfnos:981 832306
616638241 Blas-676614882 Víctor
 ®Club Tenis Punta Salera